Wednesday 15 de May de 2024

Renovada parte da carpintaría exterior da fachada da casa da cultura Raquel Fernández Soler


O Concello da Pobra do Caramiñal continúa poñendo a punto as instalacións culturais. Desta vez foi a quenda da casa da cultura Raquel Fernández Soler.

A este respecto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), indica que as tarefas se focalizaron na carpintaría exterior. Efectuouse así o cambio de dúas portas da fachada principal e de dúas fiestras.

Madercrea NG Stilo S.L. foi a empresa encargada da intervención por un importe de 11738’2 euros, IVE incluído.